LOS TRABAJOS DE cLARISMUNDA

Aqui NO encontraras: Informacion relevante, cultura, politica, ciencia, contactos, formularios de contratos, ni secretos sobre especulacion bursatil. Lo demas, es para ti ;)

Name

URL or Email

Messages(smilies)

miércoles, julio 23, 2003

Leonardo da Vinci. Homenaxe o primeiro creador da Nouvelle Cuisine.



A Leonardo da Vinci levoulle tres anos remata-la sua obra cume, "a ultima cea", obra na que, deixando a un lado o seus valores pictoricos, se pon de manifesto un dos maiores desvelos e intereses deste humanista o que todo interesou: a arte culinaria.
As suas contribucions tanto o arte da cociña en si coma o comportamento e maneiras na mesa constituen un dos legados mais descoñecidos deste home, que nisto coma en moitas outras facetas dos seus traballos se adiantou o seu tempo, deixandonos directrices que non foron aceptadas axiña, mais que nembargantes, no noso tempo non ousamos poñer en dubida.
Coñecidas son as suas obras artisticas, a sua faceta enxeñeril, o seus estudios anatomicos, e como humanista que foi, tamen se preocupou polas artes relacionadas coa mesa. Neste intre estase a especular coa posibilidade de que nalgun lugar da antiga Union de Republicas Socialistas Sovieticas se atope o tan nomeado e nunca visto "Codex Romanoff", no que se recollerian numerosas reflexions, receitas, apuntes sobre propiedades dos diferentes alimentos, debuxos e deseños de artefactos para o tratamento dos alimentos, similares as renovacions que introduciu na cociña frorentina da sua epoca.
Sobre iste tema son numerosas e radicalmente opostas e discutidas as opinions dada a escasa conservacion de documentos o respecto. Eu particularmente inclinome a apoiala tese exposta polo Doutor Marino Albinesi, presidente do Circolo Enogastronomico de Italia e Jose Carlos Capel.
Na miña opinion, e factible que poidamos considerar a Leonardo pai da Nouvelle Cuisine por varias razons:
Por un lado, pese a ser moi discutida, encontro innegable a influencia da cociña italiana na evolucion posterior o Renacemento da cociña francesa, da que deriva a anteriormente nomeada. Leonardo traballou como xefe de cociña dos Sforza en Florencia, familia influinte onde as houbese,e como Maestro de Festexos e Banquetes con Ludovico el Moro, señor de Milan, onde introduciu numerosas innovacions, tanto no estrictamente referente os tratamentos dos alimentos coma o utilaxe. Destacanse entre elas, a invencion dos panos pra mesa e a introduccion dun terceiro pico central nos garfos, o que representaba unha importante innovacion con respecto as costumes medievais. Estas innovacions xunto con moitas outras foron levadas a Francia, tanto pola admiracion que profesaba a nobreza francesa pola superioridade de desenvolvemento artistico e intelectual frorentina, coma polo propio Leonardo, nos seus derradeiros anos, cando exerceu o devandito cargo no seo do palacio do rei Francisco I de Francia, en Cloux (Loire).
Outra posible via, atopamola pasando polo noso pais. A hexemonia que exerceu España, nos seculos posteriores, exportou a Francia, as ensinanzas importadas a sua vez de italia. Influencia a que se lle atribuen entre outros o desenrolo das porcelanas de Sevres, pola instauracion do uso das delicadas porcelanas na mesa, e a sustitucion dos xarros de metais caracteristicamente medievais por delicadas copas de cristal.
Os datos historicos, xunto coa aplastante modernidade dos planteamentos de da Vinci, inclinanme a manter esta opinion, e ante o temor o equivoco pode a necesidade de facer xustiza a un home que se adiantou o seu tempo en todolos campos e posuidor dunha das xenalidades mais espectaculares da historia.
Sobre isto: "NOTAS DE COCINA DE LEONARDO DA VINCI" Compilado e Editado por Shelagh e Jonathan Routh, na editorial Temas de Hoy. (En castelan).


Links
Axque
Women Artists
Mata_Hari
beor
_CN_
Suspensivos
porron
Maki
gumolly
[Danae^]
BigTrucha
Articulos de Ikonos
miguelac
Infopoeta
Fahss!!!
Sidharta
Pucela
Persefon-e
Red|Girl
|Kayser|
A MIÑA MONTAÑA
Archives
  • This page is powered by Blogger. Isn't yours?

    Hecho por Red|Girl